viernes, enero 16, 2015

JOSE ULLA REELEGIDO CANDIDATO

José Ulla Rocha, actual rexedor do Concello de Begonte, volverá a ser o candidato popular de cara ás eleccións municipais. 
Barreiro resaltou o gran traballo de José Ulla ao longo destes anos e defendeu a súa candidatura á reelección para seguir cos proxectos iniciados e para que sirva de respaldo veciñal a unha xestión en total coordinación coa Xunta de Galicia que ten efectuado un importante esforzo inversor e actuado con lealdade con Begonte e cos seus veciños.
Nado en Begonte o 12 de xuño de 1970 e licenciado en veterinaria, José Ulla compaxina a súa profesión coa tarefa de rexedor. Como experiencia política destacan os oito anos como tenente de alcalde no Goberno de Pena Rábade, os catro anos como voceiro na oposición en dito concello e, dende 2011, ata a actualidade, como rexedor do municipio.

No hay comentarios: