miércoles, enero 14, 2015

GONZALEZ BARCIA REPITE COMO CANDIDATO DEL PP DE BURELA

Jose María González Barcia, volverá a ser o candidato popular de cara ás eleccións municipais que terán lugar o vindeiro mes de maio.
Nacido en Burela en 1956 e mestre de profesión, optará á reelección como alcalde tras unha lexislatura, a actual, na que o PP obtivo a maioría absoluta. González Barcia que xa exerceu como rexedor entre marzo de 2005 e 2007, ademais do actual período, conta cunha ampla traxectoria política, como concelleiro en Burela como, antes da segregación, en Cervo.
A nivel orgánico é o coordinador territorial do PP na Mariña lucense e forma parte do Comités Executivos provincial e autonómico do PP. Foi tamén portavoz adxunto do Grupo Popular na Deputación de Lugo entre os anos 2007 a 2011, ata a súa volta á Alcaldía.
González Barcía defendeu a súa candidatura á reelección para dar continuidade aos proxectos iniciados a actual lexislatura e para que sirva de respaldo veciñal a unha xestión en sintonía coas administracións autonómica e central que teñen efectuado un importante esforzo inversor e actuado con lealdade con Burela e cos seus veciños.

No hay comentarios: