jueves, enero 29, 2015

FRANCISCO BALADO ENCABEZARA DE NOVO O PP EN CASTRO DE REI

Francisco Balado volverá a encabezar a candidatura dos populares en Castro de Rei. Barreiro puxo en valor a xestión levada a cabo polo actual alcalde e candidato e sinalou que, a pesar dun contexto económico difícil, Francisco Balado logrou acadar unha mellora efectiva da vila e da calidade de vida dos veciños, que sempre foron e deben seguir sendo a súa máxima prioridade.
Barreiro sinalou tamén que o candidato acumula unha ampla experiencia de servizo público e definiu ao candidato como unha persoa moi traballadora, responsable e seria. Dixo tamén, que os populares tiveron claro que debía repetir porque é unha persoa totalmente entregada ao seu traballo.
Avogado de profesión, Francisco Balado (Castro de Rei, 1974), entrou na corporación municipal no ano 2007 sendo edil e voceiro popular ata o 2011. Naqueles anos, o PP foi a lista máis votada pero a falta de maioría absoluta privouno do goberno local. No ano 2011 logrou a ampla maioría e polo tanto, a alcaldía.  Balado compaxina a súa tarefa de alcalde coa de deputado provincial e mantén o seu bufete de avogado.

No hay comentarios: