jueves, enero 08, 2015

EXITO DA CAMPAÑA DE NN.XX. DA LIMIA

A campaña "Un sorriso por Nadal", que durante os últimos días levaron a cabo os membros de Novas Xeracións do PP en Xinzo de Limia, culminou hoxe con 300 kg de alimentos, 150 kg de roupa e 100 kg de xoguetes que será donados íntegramente a Cáritas Parroquial de Santa Mariña de Xinzo de Limia para o seu reparto entre as familias máis necesitadas da capital limiá.
No reconto desta donación participou o alcalde e presidente local do PP de Xinzo de Limia, Antonio Pérez; o teniente de alcalde, Manuel Cabás; o concelleiro de Deportes, Luis Miguel Gil Penín; a edil responsable de Medio Ambiente, María Dolores López Calvo; e o presidente local de NNXX, José Antonio Parente, así como membros de Novas Xeracións de Xinzo de Limia. Parente agradeceu a enorme implicación e colaboración de tódolos veciños da vila "que coas súas aportacións contribuirán a axudar a moitas familias que precisan da nosa axuda".
Esta campaña complementouse coa culminada a semana pasada tralo "I Torneo Solidario de Fútbol Sala de Xinzo de Limia", organizada tamén por NNXX e que acadou media tonelada de alimentos non perecedeiros donados por parte dos 21 equipos participantes e dos patrocinadores do evento. En total, foi máis de unha tonelada de solidaridade a recaudada por NNXX mediante ámbalas dúas iniciativas en forma de alimentos, roupa e xoguetes durante estas Festas de Nadal.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Carais que suerte,los de NNXX de Bergondo no fueron capaces ni que los suyos les dieran,por la incapacidad de su presidenta. Se necesita renovación urgente en Bergondo Silvia Cardelle y patricia Touriñan deberían ser el recambio, y para NNXX Serafín es el mejor y mas cercano,sabemos queDña Maria Faraldo esta trabajando y mucho para que el cambio se produzca lo mas rapido posible y ojala sea pronto.