viernes, enero 23, 2015

EN MARCHA A PRECAMPAÑA DO PP DE BURELA

O PP de Burela arrancou onte os traballos de precampaña. José María González Barcia, unha rolda de prensa, acompañado por José Manuel Balseiro, presentou ás once persoas que formarán parte dos tres grupos de traballo que se centrarán nas tarefas electorais, de elaboración do programa e da fixación dos actos de precampaña e campaña dos populares bureleses.
 Gonzalez Barcia manifestou que as persoas que forman parte dos tres grupos de traballo representan aos distintos segmentos da poboación de Burela e contan cunha gran experiencia. “Estas once persoas representan a variedade da poboación de Burela e das súas inquedanzas”, manifestou Barcia quen revelou que se trata de homes e mulleres, persoas cunha experiencia vital, con traxectoria pasada e presente de goberno municipal, xubilados/as, empregados e desempregados e tamén representantes da xuventude; en definitiva, de persoas con experiencia no asociacionismo e con contacto directo cos problemas da cidadanía.
Os once integrantes do grupo de traballo son: Cristobal Edrosa, Jenaro González, Mary Fraga, José Luis González Arnau, Ana Durán, Manuel Fernández Valle, Jasone Lorenzo, Aitor López Anello, María José García Eiroá, Luis Pedre Díaz e Josefa Lorenzo electoral. José María González Barcia.

No hay comentarios: