martes, enero 20, 2015

DOUS ENXENEIROS CABEZA DE CARTEL DO PP DE LUGO

O PP de Lugo presentou á candidata popular ao Concello de Pol, María Ángeles Lenza López. Con este nomeamento demostra a súa aposta polas persoas novas como garantía de futuro en verbas de Barreiro “os mozos teñen que ter presenza nas listas para as vindeiras eleccións municipais” que terán lugar no mes de maio.
Natural de Pol, Lenza López, naceu en agosto de 1980. É enxeñeira forestal e dende o ano 2007 está vinculada ao PP. Conta cunha experiencia política contrastada posto que foi edil no concello polense e foi de número dous na lista nas pasadas eleccións municipais. Dende o 2013, exerce de presidenta e portavoz da formación local.
A elixida alcaldable popular comprometeuse a traballar arreo para recuperar o Goberno municipal e destacou a importancia de todos para o bo funcionamento do partido, apostando pola xuventude, polo traballo coordinado, polos máis maiores, polos de mediana idade en definitiva, unha aposta por tódalas idades.
Por outra banda, Miguel Cela, e o fichaxe do PP de Lugo para encabezar a lista popular en Becerreá para as eleccións municipais é dende onte o presidente da xestora do partido neste municipio. Así o designou na xornada de onte o Comité Executivo.
Este Enxeñeiro de Montes, nacido no concello de Becerreá, é dende o pasado domingo o alcaldable popular e na actualidade exerce de subdirector xeral de Prevención e Defensa contra incendios.
O PP de Becerreá vén sendo a forza política máis votada nos últimos procesos electorais e afronta a nova cita coas urnas na confianza de afianzar este apoio.

No hay comentarios: