jueves, enero 22, 2015

BARREIRO SEGUE ANIMANDO OS SEUS

O PP de Lugo segue engraxando a maquinaria electoral de cara o 24-M.  Becerrea, na Montaña Lucense,  foi o lugar elixido pola Dirección do PP lugués para reunirse cos alcaldes, voceiros e edís dos seis concellos que a integran e establecer mecanismos de cara os comicios electorais. Barreiro animou a tódolos presentes a seguir traballando para, nuns casos, continuar na senda dos magníficos resultados, noutros, lograr a maioría absoluta e, noutros, recuperar a alcaldía.

No hay comentarios: