viernes, enero 23, 2015

BALSEIRO COORDINADOR DA CAMPAÑA DO PP DE LUGO

O PP de Lugo elixiu ao secretario xeral da formación nesta provincia, Jose Manuel Balseiro, como coordinador de campaña de cara as eleccións municipais. Jose Manuel Barreiro volve a confiar en Balseiro para que se encargue de coordinador o equipo de traballo que deseñará a campaña electoral do PP na provincia.
Balseiro dispón dunha acreditada experiencia nestas tarefas, xa que efectuou este desempeño nas últimas citas coas urnas, e en todo tipo de procesos, entre elas as autonómicas e xerais nas que o PP mellorou os seus resultados na provincia.
A designación de Balseiro ten lugar despois de que, tanto desde a dirección nacional como a autonómica, deran conta dos seus coordinadores de campaña, que recaeron en Carlos Floriano e Alfonso Rueda. Jose Manuel Balseiro, deputado autonómico e secretario do Parlamento de Galicia, asume estas nova responsabilidade orgánica coa mirada posta en ampliar a confianza dos lucenses ata o punto de aumentar o número de alcaldías e recuperar a gobernabilidade da Deputación.

No hay comentarios: