lunes, enero 26, 2015

AMPLIA PRESENCIA DO PPOU NA CONVENCION NACIONAL

Asistiu unha amplia delegación do PPOU a Convención Nacional, a delegación foi encabezada Manuel Baltar e formada por 21 membros natos e 15 designados por parte da Xunta Directiva Provincial.
Se ben noutras convencións do PP o protagonismo xiraba arredor das persoas que teñen un maior rango na Executiva do PP, nesta ocasión deuse voz aqueles que son os verdadeiros protagonistas da xestión municipal: os alcaldes e voceiros nos concellos. Por parte do PPOU, foron dous os responsables de intervir en sendas ponencias. A primeira en facelo foi a alcaldesa de Cartelle e senadora, Carmen Leyte, dende "Plaza de la Constitución", falou de "Vertebrar educando: valores".
Carmen Leyte no seu discurso falou das súas tres preocupacións claras dende que asumiu a alcaldía de Cartelle hai case 24 anos: "Tratar de manter a poboación; a maior implicación social da muller e a educación no respeto dos nosos nenos e xóvenes, porque deles depende a sociedade do futuro".
O segundo representante do PPOU foi Rosendo Fernández, quen falou sobre Emprego na "Plaza de la Prosperidad" . Baixo o lema "Xuntos Salimos", Rosendo Fernández  falou da súa experiencia como voceiro municipal e as políticas de emprego que se deberían aplicar nunha cidade como Ourense, con 107.542 habitantes e 10.251 desempregados, cun orzamento anual de pouco máis de 100 millóns de euros e gobernada por un goberno en minoría absoluta, "que carece de actuacións firmes e globais que potencien o desenrolo do emprego".

No hay comentarios: