lunes, enero 19, 2015

ALFONSO RUEDA E AS CATRO MAGNIFICAS

O PP de Galicia elixiu ao secretario xeral da formación, Alfonso Rueda, como coordinador de campaña de cara as eleccións municipais de maio. 
Como novidade, o equipo contará con catro persoas, alcaldes de pequenos concellos e vilas media de Galicia, que serán o mellor enlace do partido coa realidade municipal. Estas persoas serán a alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez, o de Burela, José María González Barcia, a de Melide, Ángeles Vázquez, e a de Marín, María Ramallo. 
Por outra banda,  o PPdeG leva tempo traballando na elaboración dun programa marco que sirva como complemento ao programa xeral do PP nacional e ao programa de proximidade que presentará cada candidato nos concellos nos que se presenten. Ese documento, redactado polo equipo do coordinador do programa electoral, Pedro Puy, encóntrase na súa fase final de elaboración. 
No relativo aos candidatos,  os das catro capitais de provincia serán designados polo Comité Electoral Nacional, unha vez escoitada a proposta do PPdeG. 
Os cabezas de lista do resto de grandes cidades designaranse polo Comité Electoral de Galicia, escoitadas tamén as propostas do partido nas provincias de A Coruña e Pontevedra. Trala Convención nacional do partido, o PPdeG comunicará as súas propostas para encabezar as súas candidaturas nas sete grandes cidades de Galicia, en coordinación sempre coa dirección nacional do partido.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Debería incluir en ese grupo de primeros espadas al alcalde de Sada, el más imputado de Galicia, imputado pir falsedad, prevaricación, delito contra la intimidad, calumnias...

Anónimo dijo...

Algunas de ellas poco puede aportar en esrategia ya que ni la tienen en su ayuntamiento, solo la improvisación es su visión de futuro. Y ojo porque alguna puede que se vea involucrada en asuntos "raros". Esperemos a marzo o principios de abril.