viernes, enero 23, 2015

A CUPULA DO PP DE PONTEVEDRA NA CONVENCION NACIONAL

Rafael Louzán, Jacobo Moreira e catro alcaldes da provincia, José Crespo de Lalín, Nidia Arévalo de Mos, Tomás Fole de Vilagarcía e Jorge Cubela de Cotobade, participarán activamente na Convención Nacional celebra esta fin de semana en Madrid e que ten por lema, "Xuntos por un gran país".
Así, Louzán, exporá o modelo de cooperación que segue a Deputación de Pontevedra, o sábado pola tarde nunha ponencia que clausurará o ministro de Exteriores e Cooperación, José Manuel García Margallo. A mesma na que participa tamén o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole.
Jorge Cubela explicará no plenario xunto con Esteban González Pons os motivos que o levaron a militar no PP e a presentarse por primeira vez como candidato á alcaldía do seu concello con tan só 22 anos, e farao nos dous idiomas cooficiais de Galicia.
Pola súa parte, a alcaldesa de Mos participará na ponencia que trata o tema da igualdade, e o alcalde de Lalín, José Crespo, fará unha exposición en materia de Sanidade e Asuntos Sociais, unha ponencia que clausurará o recén nomeado ministro de Sanidade, Alfonso Alonso.
A quenda de Jacobo Moreira, será xa este venres e o tema a tratar será Agricultura e Medio Ambiente.
Ademais deles, viaxarán tamén a Madrid unha delegación provincial formada por máis de 25 persoas. Alcaldes, deputados e senadores da provincia daranse cita desta maneira nunha convención clave para os populares antes da celebración das eleccións municipais.

No hay comentarios: