lunes, diciembre 01, 2014

TERESA BARGE FICHOU POLO PPOU

O impresionante Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador acolleu o acto de presentación de candidatos do PPOU para as vindeiras Eleccións Municipais da Xunta Electoral de Zona de Ourense - Celanova.
O acto comezou coa benvida a cargo do alcalde de Celanova e presidente local, José Luis Ferro Iglesias. A continuación interveu o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, así como o membro do Comité Executivo do PPdeG, Jesús Vázquez Abad. Pechou o acto Manuel Baltar, recalcando que "a 176 días das Eleccións Municipais, o PPOU é o único partido que xa ten designados 91 cabezas de lista dos 92 totais da provincia de Ourense". Esta é a novena e última presentación de candidatos a nivel comarcal que realiza o PP de Ourense dende hai nove semanas.
O mais significativo do acto foi que o PPOU presentou como candidata á alcaldía da Bola nas próximas municipais a Teresa Barge, a actual rexedora que decidiu deixar o BNG o pasado 18 de novembro.
 Pola súa banda, repetirán como candidatos do PP nas próximas municipais os rexedores da Merca, Manuel Jorge Velo Reinoso; Cartelle --Carmen Leyte Coello; Gomesende, Pura Rodríguez, Quintela de Leirado, José Antonio Pérez Cortés; Pontedeva, Juan Carlos González Carbajales, Ramirás, María Pilar Otilia López García.  No acto tamén foi presentado o candidatos de Celanova, onde encabezará a lista José Luis Ferro Iglesias, alcalde dende 2012 tras a dimisión de Antonio Mouriño que actualmente é deputado.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Esto parece un club de fútbol.Menudo fichaje.

Anónimo dijo...

Hai algunha oposición da Deputación moi cedo?

Anónimo dijo...

Pero...¿é que Baltar xa está noutro congreso? "fichaje"...ahí é nada a diferencia de ideoloxía. Unha "conversión" política...

Anónimo dijo...

Falta o Avelino, alcalde de Cortegada polo Psoe. Ide preparando a carteira que este ten o bandullo moi grande.

Anónimo dijo...

Pois menuda fichaxe! A sra alcaldesa de A Bola pódese pasar para o PP, PSOE, IU, ANOVA... que de tódalas maneiras as municipais xa as ten perdidas hai tempo. Esta era a última traca que lle quedaba,pero nin por esas. Os habitantes do concello de A Bola están moi fartos dela e pode pasarse ata pa......
Que lle aproveite e roube ben o tempo que lle queda ata o 24 de maio de 2015.