viernes, diciembre 19, 2014

O SABADO FEIJOO E A MOCIDADE GALEGA

Novas Xeracións de Galicia organiza un foro con Feijóo, onde se abordarán os temas que máis interesan á mocidade galega.
Este acto, que será o último gran evento da formación este ano, celebrarase este sábado en Santiago e nel tamén participarán varios colectivos de mozos e mozas.
Feijóo fará un balance ante os alí presentes da súa xestión na Xunta e das políticas de cara a xuventude que se están levando a cabo. Posteriormente, responderá aos mozos e mozas as preguntas que lles formulen no seo dun foro que será moderado polo presidente de NNXX, Diego Gago.
Co obxectivo de que o acto sexa o máis participativo posible, Novas Xeracións poñerá en marcha en Twitter o hashtag #preguntalleaFeijoo para que os internautas poidan facerlle chegar a Feijóo as cuestións que lles gustaría que respondese o sábado.
Por outra banda, Diego Gago agradece a Feijóo, en nome de Novas Xeracións, o seu interese constante pola xuventude do seu país e considera que unha vez máis demostra que está entre as súas prioridades.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ese individuo y el resto de pelotas que llevan NNGG tienen más que ver con la juventud hawaiana que con la gallega

Anónimo dijo...

coidado cos coches!!!

Anónimo dijo...

SE CONFIRMA: ¡ESTAMOS EN MANOS DE PEQUEÑOS NICOLASES!

Anónimo dijo...

gran presencia de juventud, no se si Lugo le copió la idea a los actos a nivel autonómico si viceversa, pero eso de rellenar con personas mayores queda muy feo, apenas 50 personas, foto paparota + copas y Feliz Navidad.