miércoles, diciembre 03, 2014

O PSOE NON QUERE CONOCER A DOCUMENTACION DA OPERACION ZETA

Miguel Tellado criticou onte que “aos socialistas galegos non lles interesa coñecer a documentación da Operación Zeta senón unicamente facer ruído político”, logo de que esta tarde rexeitaran unha vez máis a proposta do Grupo Popular para que o Parlamento galego solicitara copia da documentación demandada polo Xulgado, que abrangue desde o ano 2000 ata a actualidade, para o coñecemento de todos os grupos políticos. Deixando claro “a total vontade de colaboración do Grupo Popular para conseguir unha plena transparencia deste caso, no que nin o Goberno da Xunta de Galicia nin o Partido Popular temos nada que agochar”.
Neste sentido, amosou “o cinismo” dos socialistas galegos por traer de novo ao Parlamento unha iniciativa na que solicitan á Xunta unha serie de documentación relacionada coa investigación xudicial dos cursos de formación presuntamente irregulares, “logo de que en plenos anteriores rexeitaron a proposta do Grupo Popular de votar por puntos iniciativas a favor de solicitar toda a documentación que requiría a oposición”. “A documentación que piden hoxe podería estar na Cámara a disposición de todos os grupos do Parlamento desde hai un mes, pero iso para os socialistas é o de menos e o único que buscan é facer ruído político”, engadiu.