martes, diciembre 09, 2014

O PP DO SALNES QUERE REPETIR O EXITO DA CEA DE NADAL DE 2013

Debido ao éxito de participación e de satisfacción xeral dos militantes do PP do Salnés trala cea de Nadal de 2013, os alcaldes e presidentes locais dos 9 concellos da comarca decidiron repetir día, formato e lugar para celebrar conxuntamente unha nova edición este ano que reunirá de novo a preto de 1.500 persoas entre afiliados, simpatizantes e cargos da formación.
Será o próximo 13 de decembro ás 21.00 horas, e ao igual ca o ano pasado, celebrarase no pavillón municipal de Vilanova de Arousa. O prezo por persoa para esta cea-baile será de 20 euros e as entradas xa se poden retirar en todas as sedes locais que o PP ten nos concellos da comarca. 
Está previsto que acudan, ademais dos alcaldes de Vilanova de Arousa, Vilagarcía, Meis, Meaño, Sanxenxo, O Grove, Ribadumia e Cambados e o presidente local do PP da Illa de Arousa, o presidente provincial, Rafael Louzán, así como as deputadas automómicas, Marta Rodríguez e Rosa Oubiña, e os deputados nacionais e senadores da comarca e mesmo algún membro do partido a nivel rexional que aínda está por confirmar.

No hay comentarios: