lunes, diciembre 15, 2014

O PP DE VIANA DO BOLO CELEBROU O SEU CONGRESO LOCAL

Celebrouse esta fin de semana o Congreso Local do PP de Viana do Bolo. A única candidatura presentada foi a encabezada por Andrés Montesinos Rodríguez, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios que participaron nesta elección.
Andrés Montesinos Rodríguez aproveitou a súa intervención para agradecer o unánime apoio recibido, así como aos membros da nova Xunta Local que o acompañarán nesta nova andadura do PP en Viana do Bolo. Deixou claro que "seguirei contando e mantendo en activo á xente que leva traballando con nós dende sempre", manifestando que unha das súas máximas irrenunciables é "manter a axenda de traballo constante, con humildade e adicación aos veciños de Viana do Bolo".
Manuel Baltar, foi o encargado de pechar o Congreso Local. Agradeceu expresamente aos militantes de Viana do Bolo o intenso traballo levado a cabo no PP deste municipio, refrendado con creces nas sucesivas citas electorais. Ademáis, sinalou que "o traballo en equipo e a colaboración definen as políticas do PPOU", ilustrando que os compromisos do presidente local "teñen nestas premisas a súa principal razón de ser".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Solo na taifa ourensán hai conjresos locais desos??? (empanada e viño)