martes, diciembre 09, 2014

O PP DE RIBADEO DE BUZONEO

O presidente do PP de Ribadeo e candidato á alcaldía, Jesús López Penabad, deu a coñecerque o PP de Ribadeo iniciará a próxima semana unha campaña de buzoneo para recopilar as necesidades, suxestións e queixas dos veciños.
Os populares repartirán nos distintos domicilios unha carta na que formulan as preguntas: ¿Qué necesidade ve na súa rúa? e ¿Qué cree que necesita Ribadeo?. Deste xeito, os populares pretenden aglutinar as peticións e demandas dos veciños para logo plasmalas no programa electoral.
Asemade e unha vez cuberta, os cidadáns poderán depositar as papeletas coas súas queixas, demandas ou peticións nun buzón ubicado na sede dos populares (Avenida Calvo Sotelo, nº28) ou en urnas, repartidas en varias cafeterías do municipio; onde tamén atoparán máis exemplares de impresos para responder.
Penabad tamén asegurou que dentro desta campaña de recollida de ideas para a elaboración do programa electoral, os populares deseñarán un calendario de reunións, -a modo de foros abertos- nas parroquias, para, do mesmo xeito, recadar as suxestións dos veciños do rural.
O candidato popular agarda que esta iniciativa teña a mellor acollida posible e así amosou o seu desexo de que os veciños sumen coas súas achegas e se involucren para xuntos elaborar un verdadeiro proxecto participativo, aberto e plural.
Penabad concluíu ao asegurar que a súa pretensión é a de desenvolver un PP aberto cara os veciños; no que se dea voz a todos e cada un dos ribadenses.

No hay comentarios: