lunes, diciembre 01, 2014

O PP DE RAMIRAS CELEBROU O SEU CONGRESO LOCAL

A única candidatura presentada Congreso Local do PP de Ramirás foi a que lidera Juan Carlos Rodríguez Matías, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes. 
O recén elixido presidente local, aproveitou para agradecer o apoio unánime á súa candidatura e sinalou que o seu proxecto político á fronte da Xunta Local de Ramirás baséase "fundamentalmente na continuidade, con tres aspectos fundamentais: a cercanía cos veciños, a humildade e o traballo constante para poder canalizar todas as preocupacións que nos transmiten os veciños e veciñas de Ramirás". Ademáis, recalcou Juan Carlos Rodríguez Matías que "o noso obxectivo inmediato é traballar arreo para gañar as Eleccións Municipais, sempre contando co apoio da alcaldesa, María Pilar Otilia López García. 
Pola súa banda, Manuel Baltar, encargado de pechar o Congreso Local, agradeceu o compromiso adquirido pola nova executiva local de Ramirás, sinalando a importancia de manter a confianza dos votantes deste municipio, aumentando o contacto con eles "porque nos debemos aos veciños e eles son a nosa máxima prioridade. Falar con eles, e sobre todo escoitalos e solucionar os seus problemas, é o noso principal obxectivo", recalcando tamén a importancia de manter diálogo fluido, "porque nesta época dura na que nos atopamos, é onde temos que demostrar a política con maiúsculas".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Sí. xa está noutro congreso...é todo un congresista; máis que os congresistas de Madrid...