viernes, diciembre 05, 2014

O CANDIDATO EN SANXENXO PARA XANEIRO DO 2015

Rafael Louzá explicou onte que o nome definitivo do alcaldable do PP en Sanxenxo o elixirá o Comité Electoral Provincial nos primeiros días de xaneiro de 2015.
Ante as preguntas dos xornalistas sobre a decisión da actual alcaldesa, Catalina González, que manifestou publicamente hai poucos días que se estaba replanteando a posibilidade de querer optar novamente á reelección,  manifestou que coñecía esas declaracións polos medios de comunicación e que aínda non tivera a oportunidade de reunirse con ela. "Ela mesma manifestara publicamente, e así mo dixo a min persoalmente tamén, que non tiña intención de ser a candidata novamente de cara as eleccións de 2015, e de aí que o partido traballara noutras posibilidades", explicou Louzán. 
Nos próximos días manterá unha xuntanza con Catalina González, e partir de aí, despois de que lle explique o novo planteamento de cara aos próximos comicios trasladaraselle ao Comité Electoral esta nova situación. O importante é que o PP poida seguir gobernando en Sanxenxo, ao igual que o veu facendo durante estes anos.
Ante a posiblidade de que sexa outra persoa o candidato, Louzán manifestou que o PP segue traballando nesta cuestión e que non hai que descartar nada. "Xa dixen noutras ocasións que hai persoas coa valentía e a determinación de querer optar a ser candidato, e tócale ao PP acertar, sexa quen sexa o candidato, pero esa decisión non se tomará ata os primeiros días de 2015".

No hay comentarios: