lunes, diciembre 15, 2014

MAIS DE 3000 AFILIADOS DO PP CELEBRAN O NADAL EN PONTEVEDRA

As Xuntas locais do PP da provincia de Pontevedra reuniron esta fin de semana a preto de 3.000 persoas nas tradicionais ceas e comidas de Nadal que os populares celebran cada ano cos seus afiliados e simpatizantes.
O evento que contou con máis número de participantes foi a cea comarcal do PP do Salnés que reuniu aos afiliados das 9 xuntas locais do partido con a asistencia de máis de 1.300 persoas.
En total foron 9 as Xuntas locais as que reuniron aos seus simpatizantes para celebrar o Nadal. Celebraronse as ceas do PP de Pontevedra, Silleda e Caldas de Reis, unha comida en Moaña, na que participaron mais de 400 afiliados, e o xantar da Xunta local de Fornelos de Montes, ademais celebrouse as cea do Salnés, a do PP de Poio e a do PP da Guarda e a do PP de Cangas.
A estas ceas hai que sumarlle as celebradas as da última fin de semana de novembro, nas que os populares lograron reunir a un total de 1.600 persoas en varias ceas celebradas en Cotobade, Redondela, Baiona, Gondomar, Mos e Salceda de Caselas.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

En Coruña, el pasado jueves, menos gente que otras veces. No había nadie de Arteixo, los de Sada apartados, y caras coruñesas ausentes. La cena empezó muy tarde y la comida una mierda. Vaya timo, por 25 euros. Muy mal el ver a Julio medio olvidado, cuando es uno de los pocos que valen algo

Anónimo dijo...

Menos gente? Dentro de muy poco tiempo en esas cenas ya no querrâ estar NADIE. Ni siquiera los que ahora las presiden.