viernes, diciembre 05, 2014

JOSE MANUEL LAMELA UNHA ESPERANZA PARA O VALADOURO

Os populares aseguran que O Valadouro merece unha estabilidade política fronte á división, o caos e ás liortas permanentes, que representa o actual Goberno, incapaz de configurarse como alternativa. Por iso, José Manuel Lamela, encabezará a candidatura do PP á Alcaldía de O Valadouro. Así o anunciou onte, José Manuel Barreiro nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e do alcaldable.
Barreiro manifestou que fronte ao espectáculo que está a protagonizar o tripartito, o PP presenta unha persoa seria, leal e estable para culminar o proxecto iniciado fai algo máis de tres anos, cando os veciños lle outorgaron a súa confianza e fixeron posible a vitoria electoral, convertendo á formación política popular na lista máis votada.
Pola súa banda, o recén presentado alcaldable, José Manuel Lamela manifestou que o pacto entre PSOE, UDIVAL e BNG está roto e manifestou que proba diso está en que na pasada sesión plenaria municipal o nacionalistas e UDIVAL uniron os seus votos aos do PP para rexeitar os orzamentos para 2015. “En menos de ano e medio, este novo goberno xa se desfixo”- manifestou Lamela, quen non mostrou sorpresa e dixo que se viñan a confirmar as reiteradas afirmacións do PP.

No hay comentarios: