martes, diciembre 02, 2014

JESUS VAZQUEZ REELIXIDO PRESIDENTE DO PP DE BAIONA

Co respaldo do 100 % dos votos dos compromisarios, Jesús Vázquez Almuiña, foi reelixido novamente como presidente do PP de Baiona. Como viña anunciando e sen oposición algunha o actual presidente do partido contou co apoio unánime dos seus afiliados na celebración do VI Congreso Local do PP celebrado no Hotel Bahía de Baiona, apoio amosado tamén por Manolo Vilar, quen estivo á fronte do PP durante 12 anos (1987-1999). Nesta cita estivo arroupado por Alfonso Rueda, Rafael Louzán, Javier Dorado,Gonzalo Ordoñez, José Juan Duran e Nava Castro.
A nova xunta directiva para os próximos 4 anos, e unha executiva integrada por un equipo de persoas que levan moito tempo traballando no partido, xunto a novos nomes que chegan coa ilusión de renovalo. Acompañásenlle como 1º Vicepresidente Anxo Rodal Almuiña, 2ª Vicepresidencia Ana Simóns, Secretaria Xeral María Igrexas, Tesoureira María Jesús Garbi e Como Secretario de Organización Manuel González Valverde.

No hay comentarios: