martes, diciembre 16, 2014

I TORNEO SOLIDARIO DE FUTBOL SALA NN.XX. XINZO DE LIMIA

O Pavillón dos Deportes de Xinzo de Limia acollerá, durante os vindeiros días 27 e 28 de decembro, o "I Torneo Solidario de Fútbol Sala de Xinzo de Limia". Esta iniciativa, organizada conxuntamente por Novas Xeracións do PP de Xinzo de Limia e polo bar Trebello, está destinada a recaudar alimentos que se doarán íntegramente a Cáritas de Xinzo de Limia.
Para participar neste torneo será necesario aportar, no momento da inscripción, 10 kg como mínimo de alimentos non perecedeiros. Os tres primeiros equipos clasificados obterán trofeo.
O presidente de NNXX de Xinzo de Limia, José Antonio Parente, agradece aos colaboradores e patrocinadores do evento a súa implicación. Ademáis, fai un chamamento á participación, "xa que entre todos podemos paliar a escasez de alimentos que nos transmiten dende Cáritas, e de qué mellor xeito que desfrutando dun evento deportivo á vez que colaborando coa xente que máis o precisa".
O prazo de inscripción atópase aberto e se pode formalizar na sede de NNXX de Xinzo de Limia ou no bar Trebello.

No hay comentarios: