lunes, diciembre 01, 2014

FELIX MENDEZ PRESIDENTE DE NN.XX. SALCEDA DE CASELAS

Esta fin de semana foi moi activa para o PP de Salceda de Caselas. O PP local celebrou o seu II Congreso de Novas Xeracións e a tradicional comida con motivo das festas do Nadal.
 A primeira das citas foi o sábado, donde o mozo salcedense Félix Méndez proclamouse novo presidente de Novas Xeracións, ao ser a del a única candidatura presentada. Tras el, deixará o cargo a concelleira Ángela Valcárcel, á cal felicitaron polo traballo realizado nos últimos tres anos e medio.
E para celebrar a chegada deste novo comité de mozos ao partido, e seguindo coa tradición dos últimos catro anos, o PP de Salceda celebrou o domingo un xantar de confraternidade. Foi nas Bodegas La Val (Arantei - Salvaterra de Miño) e contou coa presenza de membros do PP a nivel provincial, autonómico e nacional, ademais de contar coa asistencia de máis de 170 afiliados e simpatizantes do PP de Salceda de Caselas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que teñan un pouquiño de recoñecemento máis esta vez e un pouquiño de sorte nas próximas eleccións ó líder Santi e este novo rapaz.