lunes, diciembre 22, 2014

FEIJOO E A MOCIDADE GALEGA


Feijóo, pide á mocidade galega que non se rinda nunca, xa que esa é a mellor lección que poden aprender. Así mesmo, lembrou que, fronte aos agoreiros que se queixan de que non hai traballo, o Goberno galego puxo en marcha un Plan de Emprego Xuvenil para seguir creándoo e, de feito, a taxa de paro entre os menores de 25 anos é case un 30% inferior que o ano pasado.
Así mesmo, Feijóo engadiu que fronte a eses agoireiros que din que non hai oportunidades nin se pode estudar, o Goberno galego traballa para propicialas e puxo en marcha a FP dual para inserir os alumnos no mercado de traballo, de feito. Ademais, a Xunta tamén fai todo o posible para facilitar o acceso á universidade, aumentando as bolsas e conxelando as taxas, que xa son unhas das máis baixas en todo o Estado e tamén máis baratas que onde goberna o PSOE. De feito, fixo fincapé en que en Galicia pódese estudar con máis facilidades que na maioría das comunidades españolas.
Por outra banda, Feijóo subliñou que mentres os agoreiros din que non hai futuro, o Goberno comprométese máis no futuro de Galicia e confía en que os mozos e mozas asumirán con responsabilidade sacar a Comunidade adiante.
Así se expresaba Feijóo nun encontro que mantivo con mozos e mozas de Novas Xeracións, e de diversos colectivos xuvenís de Galicia. Alí, o dirixente popular abordou a xestión do seu Goberno e as políticas xuvenís que está a impulsar e respondeu ás preguntas que lles formularon tanto os alí presentes como as que recolleu Novas Xeracións na súa conta de Twitter a través do hashtag #PreguntalleaFeijoo. Entre elas, respondeu preguntas formuladas por Galiza Nova nesta rede social.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/12/20/galicia/1419103583_455185.html

Anónimo dijo...

ESTO PASA NA ZONA DE FERROL , MORREN COA FAME , DEIXA DE DECIR MENTIRAS QUE NON CREEMOS NADA.La tasa de paro en la comarca es superior al 30%. “Se dejan en manos de voluntarios cosas tan básicas como dar de comer, que corresponden al Estado”, denuncia una ONG que da apoyo a personas sin recursos

Anónimo dijo...

Si que tenemos futuro Feijoo, como no vamos a tenerlo , lo que no lo veo tan claro es que sea con vosotros , para nada somos agoreros , eres y sois vosotros los culpables , no estáis en el momentos ni en el lugar adecuado ,