lunes, diciembre 22, 2014

CONVENCION DE CANDIDATOS DO PPOU

O Auditorio Municipal de O Carballiño acolleu este domingo a Convención Provincial de Candidatos e Candidatas do PP de Ourense para as Eleccións Municipais de maio de 2015.
Tal e como salientou o presidente provincial, Manuel Baltar, durante a súa intervención. "O PPOU é a única forza política desta provincia capaz de presentar a día de hoxe aos seus 91 candidatos provinciais". Destacou tamén Manuel Baltar que a media de idade dos candidatos populares ourensáns é de 52 anos. Ademáis, lembrou que dos 91 candidatos presentados, 22 supoñen unha renovación. Precisamente, salientou as últimas incorporacións a estas candidaturas: Rodrigo Aparicio Santamaría, empresario de profesión e candidato en A Arnoia; e Ángel José Barroso Míguez, funcionario de 37 anos e candidato en Entrimo.
Previamente ás verbas de Manuel Baltar, as intervencións da convención desta tarde correron a cargo de Argimiro Marnotes (benvida); José Luis Ferro Iglesias ("Cultura e Turismo, a xestión local do Turismo Cultural"); Luz Doporto Real ("La alternativa popular, el modelo de la confianza"); Gabriel Alén Castro ("Facendo futuro. A xestión local no século XXI"); María del Carmen Yáñez Salgado ("O futuro de Ourense pasa polo Termalismo") e Jorge Pumar Tesouro ("Organización política e campaña electoral").
Durante a súa intervención, ao comezo da Convención Provincial de Candidatos do Partido Popular de Ourense, o presidente do Feijóo, salientou que "a pesar de que entre todos, moitos problemas os solucionamos, aínda quedan moitos por solucionar. Pero ninguén nos debe roubar as solucións. Hai algún que pretende proxectarse como o máis grande, e precisan que os problemas sexan máis graves. Eso é minusvalorar á xente e caer no simplismo, cando non se moveu nin un dedo para paliar esta profundísima recesión económica. Desprezan este país e non lles gusta que agora falemos de emprego e non de paro. E non lles gusta porque todo isto o conseguimos co esforzo de todos. Non entendo esa satisfacción por dividir. Frente a súa soberbia, a nosa humildade; frente ao seu ego, o noso servizo. Eles son os salvadores da patria; nós preferimos ser os servidores da patria. Somos o partido que dá a cara, mentres outros lle botan moita cara. Nós estamos aquí para gañar".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Este sólo fai convencions e convencions e convencions e conclaves e convencions...¿cando traballa?

Anónimo dijo...

A que presentamos en Ourense?