lunes, diciembre 15, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE MELON

O Mosteiro de Santa María de Melón acolleu o Congreso Local do PP de Melón esta fin de semana. A única candidatura que concurría a este proceso de elección foi a liderada por María Cristina Francisco Vílchez, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios.
Tras agradecer o respaldo á súa candidatura, a presidenta local e alcaldesa de Melón fixo un repaso á xestión municipal e sinalou que "pese a que hai algúns que tratan de poñer paus nas rodas para que Melón non avance, nós seguiremos traballando para seguir ofrecendo melloras aos nosos veciños, como é o ximnasio, o centro de día, o camping, o aparcadoiro do Mosteiro, a canceira ou o centro sociocultural, entre outras". Asimesmo, agradeceu o apoio brindado dende a Xunta e o Goberno Central para a posta en valor do Mosteiro de Santa María, así como o apoio contante de Manuel Baltar.
Precisamente, foi Manuel Baltar, o encargado de clausurar o Congreso Local de Melón, lembrando que o de hoxe foi o número 67 dos congresos locais celebrados polos populares ourensáns e poñendo en valor "que a xestión municipal debe estar sempre apoiada na cooperación coas demáis administracións, co fin de acadar o máximo número de melloras posibles para os veciños".

1 comentario:

Anónimo dijo...

De vergüenza sacar el asunto de Melón aquí. ¿Sigue el inhabilitado Pardellas de director xeral del concello?