lunes, diciembre 01, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE BEARIZ

O Congreso Local do PP de Beariz celebrouse esta fin de semana. A única candidatura presentada foi a liderada por Manuel Prado Álvarez, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso de elección.
O presidente local electo, tamén alcalde da localidade, despois de agradecer a confianza depositada na súa candidatura e de facer un balance da súa xestión en Beariz, recalcou que "o noso obxectivo irrenunciable para os vindeiros catro anos é o de fixar poboación no municipio. Para elo, centrarémonos en catro piares fundamentais: potenciar a residencia da terceira idade e o emprego feminino a través da dependencia; impulsar o parque empresarial; mellorar e diversificar a productividade agraria de Beariz; e, por último, crear unha brigada municipal de obras dando así saída aos ingresos acadados pola explotación do parque eólico", explicou Manuel Prado.
O encargado de clausurar o Congreso Local de Beariz foi  Manuel Baltar, quen aplaudiu as propostas de futuro expostas polo presidente local e abogou "polo compromiso constante das administracións locais de velar polos intereses e necesidades dos veciños. E aquí entra en xogo o factor clave da cooperación para loitar entre todos por este obxectivo".

No hay comentarios: