jueves, diciembre 18, 2014

CASALTA PRESIDE O PP DE PUXIN

O Grupo Escolar de Punxín acolleu o Congreso Local do PP desta localidade. Manuel Vázquez Fernández, "Casalta", candidato único, foi elixido presidente local co 90,91% de apoio dos votos dos compromisarios que participaron neste proceso de elección.
O presidente local, despois de agradecer a confianza maioritaria depositada na candidatura que encabeza, destacou que o traballo desenvolvido no PP local "seguirá estando baseado no traballo en equipo e na cooperación con outras administracións, co fin de ofrecer os mellores servizos aos nosos veciños". Manuel Vázquez Fernández, "Casalta", tamén alcalde no municipio, recalcou que "o PP local está sobradamente preparado para renovar a Alcaldía".
Pola súa banda,Manuel Baltar, no discurso de clausura do congreso local, matizou que unha característica moi importante do PP en Punxín "é o seu carácter gañador e incansable, tanto nos momentos doados como nos difíciles, pero en todos eles rexe a máxima da confianza e da unidade. Todos xuntos seguiremos sendo unha forza imbatible". Ademáis, fixo fincapé en que no PPOU "o traballo é intenso haxa ou non haxa eleccións á vista. Un claro exemplo é que hoxe acabamos de clausurar o congreso local número 68".

No hay comentarios: