viernes, diciembre 19, 2014

ALEN CASTRO PRESIDENTE DO PP DE CENLLE

Gabriel Alén Castro, candidato único, foi elixido presidente local por unanimidade dos compromisarios que participaron no Congreso Local do PP de Cenlle.
O presidente local, durante a súa intervención, aproveitou para agradecer aos compromisarios a confianza depositada na súa candidatura. No tocante ás apostas de futuro, Gabriel Alén recalcou que un piar de atracción será o entorno do balneario de Laias e a área termal de Barbantes. "Esta zona verde non só servirá para atraer turistas, senón que queremos consolidala como unha zona de ocio para os nosos veciños. Cenlle é un municipio que non só ten un reclamo turístico, senón que é un lugar idóneo para vivir: ben comunicado e moi preto da capital de provincia".
Gabriel Alén tamén confirmou que a aposta do PP local pasará tamén por seguir renovando o interior dos núcleos rurais, poñendo como exemplo a estrada de Villar de Rei, así como a travesía e as prazas de Cenlle. Asimesmo, rememorou que se solucionou o problema de restricción de auga en diversos núcleos, "e neste camiño seguiremos apostando, a través do proxecto da Xunta de bombeo de auga dende o Miño, en cantidade e calidade". Tamén fixo fincapé no compromiso municipal co aforro enerxético e o Medio Ambiente, con inversións en depuración de augas e melloras no saneamento de Laias, Razamonde e Trasariz, entre outras.
Pola súa banda, Manuel Baltar, no discurso de clausura do congreso local de Cenlle, o número 69 dos celebrados polo PPOU, recalcou que "o traballo diario fundamentado na cooperación é a base irrenunciable para seguir ofrecendo respostas efectivas ás demandas dos nosos veciños"

No hay comentarios: