miércoles, noviembre 05, 2014

XUNTA DIRECTIVA DO PP DE PONTEVEDRA

A Xunta Directiva do PP de Pontevedra reuniuse esta semana para analizar os presupostos do Estado, Xunta e Deputación para 2015 e contaron para isto co deputado nacional, Gonzalo Ordóñez, a conselleira de Economía e Facenda, Elena Muñoz e con Rafael Louzán.
Louzán explicou que as contas do organismo provincial que el preside, van ser máis favorables do que se prevía inicialmente, xa que o Ministerio permitiulle á Deputación aprazar a 20 anos unhas cuotas de liquidación de 2008-2009, polo que o Orzamento da Deputación “estará 2 millóns por riba do previsible”. Subliñou ademais que a finais de 2014 a débeda da Deputación estará nun 38% dos ingresos correntes e segundo as previsións baixará en 10 puntos máis ao longo de 2015, ata o 28%. “O obxectivo é chegar a débeda cero”.
En canto aos Orzamentos do Estado e da Xunta, Louzán amosou a súa satisfacción porque se manteñen as previsións económicas para a provincia, con aqueles investimentos programados anos atrás e que non se puideron acometer e agora si, a pesar de que estamos nun momento difícil e complicado”. 
O investimento máis importante no ámbito do Estado segue sendo a alta velocidade para que en 2018 a provincia poida contar co AVE a Madrid, unha aposta clara polas comunicación en Galicia que está facendo  Ana Pastor e  Mariano Rajoy, coñecedores das necesidades desta provincia.
Louzán afirmou que se intenta manter o nivel de investimentos nos Concello, para apostar claramente polas persoas, as familias e as empresas, e que nese triángulo de traballo están todas as administracións.

No hay comentarios: