lunes, noviembre 17, 2014

VAISE UN ALCALDE HISTORICO DO PP DE PONTEVEDRA

Rafael Louzán, comunicou esta fin de semana que o alcalde de Covelo, José Costa Díaz, presentou hai uns días a renuncia ao seu cargo, por motivos persoais. Costa Díaz entrou a formar parte do Goberno local en febreiro de 1974 como concelleiro e foi nomeado alcalde en decembro de 1975, polo que era neste momento o alcalde máis veterano da provincia.
Louzán agradeceu e recoñeceu publicamente o seu labor durante todos estes anos, nos que sempre colleitou maiorías absolutas para o seu partido, primeiro UCD, despois Alianza Popular e por último xa desde o PP. "O noso recoñecemento e agradecemento para un alcalde que non só contou co respaldo de todos nós senón tamén dos seus veciños".
A súa renuncia formalizarase nos próximos días durante a celebración dun pleno con carácter extraordinario, é probable que o substitúa no cargo o concelleiro e tenente de alcalde, Pablo Castillo. O martes pasado, durante unha reunión celebrada no municipio co presidente provincial, o ata agora alcalde comunicoulle a súa intención "que era previsible".

No hay comentarios: