miércoles, noviembre 05, 2014

SETE NOVOS CONGRESOS LOCAIS EN OURENSE

Celobrouse a Xunta Directiva do PP de Ourense, na participou como convidada Rosa Quintana. Neste encontro, se analizaron tódalas cuestións relativas á actividade do PP de Ourense, xa inmerso na preparación das Eleccións Municipais de 2015, sendo a primeira forza política de España en constituir o seu Comité de Campaña. 
Tamén se fixo un repaso aos congresos locais celebrados ata a data (60), que se incrementarán nestes días cos próximos congresos locais do PP de Ourense convocados durante o presente mes de novembro, que serán en Cartelle (día 14), Montederramo (día 20), Maside (día 21), Beariz (día 27), Ramirás (día 28). 
A Xunta Directiva Provincial ampliou as convocatorias existentes a dous congresos locais máis durante este mes de novembro: o 22 en Verín e o 25 de novembro en Vilamartín de Valdeorras. A Xunta Directiva Provincial tamén convocou formalmente os vindeiros congresos previstos para o mes de decembro,que serán en Viana do Bolo (día 11); Melón ao día seguinte, 12 de decembro; o día 16 en Punxín; ao día seguinte, 17 de decembro, en Cenlle; e o día 19 en Baltar. Ábrese agora o prazo para a presentación das correspondentes candidaturas que concurrirán en cada proceso. Con estes congresos convocados, se alcanzarán os 72 cónclaves locais, dous máis dos 70 que Manuel Baltar, se comprometera a celebrar antes de que finalizase o ano 2014. Quedaría tamén por convocar o correspondente á cidade, que será convocado en función do calendario de presentación dos candidatos das sete grandes cidades de Galicia. 
Na sesión tamén se lembrou que durante o pasado mes de outubro se levou a cabo a presentación de 56 candidatos (os das xuntas electorais de zona do Carballiño, Ribeiro, A Limia, A Pobra de Trives e Ourense) para liderar as listas electorais do PPOU das vindeiras Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015. O presidente provincial, Manuel Baltar, precisou que "a 202 días dos comicios, o PPOU é a única forza política da provincia que amosa que ten o mellor equipo para liderar os 92 municipios de Ourense".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Todas las semanas hay congresos locales en la taifa...¿Cuándo trabaja en Sr. Baltar?

Anónimo dijo...

Puro paripé baltarista. Ya se sabe quien va a ser el jefe por anticipado. Lo importante es la foto, como decía ZP.