viernes, noviembre 07, 2014

REUNION DO COMITE ELECTORAL DO PPOU

O Comité de Campaña Provincial do PPOU para as Eleccións Municipais presidido por Manuel Baltar, reuniuse esta semana en compañia do coordinador do Equipo Redactor do Programa Electoral do PPdeG, Pedro Puy Fraga.
Manuel Baltar, recalcou que "a 200 días das Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015, o PPOU funciona a pleno rendemento no tocante á actividade orgánica de partido e tamén a nivel de campaña electoral, co primeiro comité de campaña constituido en toda España que xa ten perfilados e planificados os principais actos que desenvolverán os populares ourensáns dende as 00.00 horas do 8 de maio ata as 23.59 horas do 22 dese mes". Pedro Puy Fraga, alabou o intenso traballo que está a desenvolver o PP de Ourense, con planificación e ideas "que serán plasmadas no mellor programa electoral que se lle poida ofrecer aos cidadáns: o do PP". 
Manuel Baltar tamén lembrou que, en clave orgánica, xa están celebrados 60 congresos locais, cifra que aumentará ata 72 (12 están xa convocados para este mes de novembro e o de decembro). No tocante aos candidatos para os vindeiros comicios, durante o pasado mes de outubro se levou a cabo a presentación de 56 candidatos (os das xuntas electorais de zona do Carballiño, Ribeiro, A Limia, A Pobra de Trives e Ourense) para liderar as listas electorais do PPOU.

No hay comentarios: