lunes, noviembre 10, 2014

PRESENTACION DE CANDIDATOS DO PP NA ZONA DE BANDE

O sábado,  o Salón de Actos do Concello de Bande acolleu o acto de presentación de candidatos do PPOU para as vindeiras Eleccións Municipais da Xunta Electoral de Zona de Bande. Esta é a sexta presentación de candidatos a nivel comarcal que realiza o PP de Ourense dende hai seis semanas.
O acto comezou coa benvida a cargo do presidente local do PP e alcalde de Bande, José Antonio Armada Pérez. A continuación interveu Rosendo Fernández, así como Jesús Vázquez Abad. Pechou o acto Manuel Baltar, recalcando que "o PPOU é o único partido cunha folla de ruta diáfana e un proxecto organizado, sendo xa 64 os cabezas de lista que están presentados a día de hoxe".
Os candidatos presentados son os seguintes:
 -Bande: José Antonio Armada Pérez
 -Calvos de Randín: José Manuel Andrade Rodríguez
 -Entrimo: Manuel Fernández Torres
 -Lobeira: Antonio Iglesias Álvarez
 -Lobios: María del Carmen Yáñez Salgado
 -Muíños: Plácido Álvarez Dobaño
-Padrenda: Manuel Pérez Pereira
 -Verea: Juan Antonio Martínez González

1 comentario:

Anónimo dijo...

pois en Lobeira noon o tomaron moi ben,

e en Carballiño habera outra lista popular,, manda carallo