lunes, noviembre 17, 2014

O PPOU PRESENTA SEUS CANDIDATOS NA ZONA DE VERIN

O sábado, o Salón de Actos da Casa de Cultura de Verín acolleu o acto de presentación de candidatos do PPOU para as vindeiras Eleccións Municipais da Xunta Electoral de Zona de Verín.  Esta é a séptima presentación de candidatos a nivel comarcal que realiza o PP de Ourense dende hai sete semanas.
O acto comezou ás 11.30 horas coa benvida a cargo do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán. A continuación interveu o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, así como o voceiro do Comité Executivo do PPdeG, Miguel Tellado Filgueira. Pechou o acto o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, en torno ás 11.55 horas, recalcando que "a 190 días das Eleccións Municipais, o PPOU é o único partido que xa ten designados 75 os cabezas de lista que están presentados a día de hoxe".
Os candidatos presentados son os seguintes:
-Castrelo do Val: Manuel Pérez Araújo
-Cualedro: Luciano Rivero Cuquejo
-A Gudiña: Guillermo Lago Pérez
-Laza: José Ramón Barreal Novo
-A Mezquita: Francisco José Montesinos Rodríguez
-Monterrei: José Luis Suárez Martínez
-Oímbra: Ana María Villarino Pardo
-Riós: Francisco Armando Veiga Romero
-Trasmiras: Emilio José Pazos Ojea
-Verín: Juan Manuel Jiménez Morán
-Vilardevós: Manuel Cardoso Pérez

1 comentario:

Anónimo dijo...

Está claro que en Castrelo do Val, non queren gobernar