viernes, noviembre 28, 2014

O PP LEVA ANTE A FISCALIA O CASO ELSAMEX

“Intentámolo todo, ben o sabedes, pero por responsabilidade cos veciños de Pontevedra decidimos poñer o caso en coñecemento da fiscalía”, con estas palabras Jacobo Moreira fixo público ante os medios de comunicación a denuncia presentada hai uns días contra o goberno de Lores polo contrato irregular coa empresa encargada do mantemento e conservación dos xardíns municipais.
“Non podemos permitir que se sigan tirando os cartos dos cidadáns, saltándose a lei; fixemos o que creo que debíamos facer, se é un delito ou non, non nos corresponde a nós dicilo. Non somos nin xuíces nin fiscais".
Deste xeito, o PP busca aclarar un problema que se remonta ao ano 2012, cando se extinguiu a última prórroga legal posible coa empresa Elsamex.

No hay comentarios: