viernes, noviembre 14, 2014

O PP DO BARCO TRABALLA NO SEU PROGRAMA ELECTORAL

O PP de O Barco constituiu o Comité Redactor do Programa Electoral para as vindeiras Eleccións Municipais, que estará coordinado por Carlos Javier Crespo, concelleiro popular e Secretario Xeral da Executiva local. 
Nesta xuntanza, e segundo Carlos Javier Crespo, "estivemos a trazar as grandes liñas do programa electoral que elaboraremos contando coa participación dos veciños e veciñas de O Barco". 
Os populares barquenses tamén acordaron a organización de diversas reunións con diferentes colectivos que se desenvolverán durante os próximos meses. Deste xeito, "iremos recollendo as propostas por áreas de traballo que despois tamén serán debatidas nas correspondentes comisións do partido"asegura o Secretario Xeral dos populares barquenses.
O Coordinador do programa afirmou que "o partido deseñará un programa electoral participativo, que integrará as propostas dos cidadáns, así como as dos colectivos e entidades nas que se organiza a sociedade civil de O Barco".

No hay comentarios: