viernes, noviembre 07, 2014

O PP DE RIBADEO PROCLAMOU O SEU CANDIDATO

O PP designou onte a Jesús López Penabad candidato á alcaldía de Ribadeo. Foi  José Manuel Barreiro, acompañado de José Manuel Balseiro, o encargado de facer pública a proclamación. 
Nunha rolda de prensa celebrada na sede local dos populares de Ribadeo, Barreiro insistiu en que Ribadeo precisa un cambio urxente e afirmou que Jesús López Penabad é a persoa axeitada e capaz para logralo. 
O líder dos populares lucenses definiu ao alcaldable como un candidato transparente, claro, traballador, cercano e humilde e insistiu en que conta coas cualidades axeitadas para facer de Ribadeo unha cidade como se merece. 
Pola súa banda, López Penabad manifestou a honra que representa para él a súa designación e a responsabilidade que recae na súa persoa como cabeza de lista para gañar Ribadeo e aplicar as políticas do PP “para levar o noso Concello pola senda emprendida do progreso e benestar”.

No hay comentarios: