lunes, noviembre 24, 2014

O PP DE LUGO PIDELLE A BESTEIRO A MISMA VARA DE MEDIR

O Grupo Provincial do PP esixiu, a través da súa voceira Elena Candia, que o presidente da Deputación Provincial e líder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, compareza e dea explicacións ante as investigacións que se están a levar a cabo na administración lucense e que, segundo anunciaron os medios de comunicación, perseguen presuntos delitos de tráfico de influencias, malversación de fondos públicos, exaccións ilegais e prevaricacións.
Así, os populares, como grupo maioritario na Deputación de Lugo, amosaron a súa preocupación ante o que está a acontecer e pedirán a través dunha iniciativa no próximo pleno que o socialista dea unha rigorosa aclaración ao respecto. Para os populares, respectando sempre a presunción de inocencia, estase ante un feito moi grave, e seguramente inédito en España; xa que ante varias investigacións un presidente provincial elude dar explicacións ao respecto.
O PP de Lugo lamenta que as investigacións no seo da Deputación non é algo novo e lembran os procesos abertos en torno á piscina de Monterroso, ou sobre as presuntas irregularidades na estrada Alto do Valiño-Valdeporrás, sobre a que a Fiscalía está tamén a estudar a existencia dun presunto delito de malversación.
Os populares tamén recordan que a tenente de alcalde da Pastoriza do BNG levou a Fiscalía as obras da piscina da Pastoriza por presuntas irregularidades na execución do proxecto; ata o punto de que a investigación sobre o propio patrimonio de Besteiro tamén figura na no sumario da operación Pokemon.
Así, os populares pídenlle a Besteiro a mesma vara de medir, xa que mentres el pide explicacións ao resto dos partidos políticos, na Deputación asegura que só tomará medidas ante feitos probados.

No hay comentarios: