lunes, noviembre 24, 2014

NOVO COMITE LOCAL DO PP DE VERIN

A única candidatura presentada o Congreso Local do PP de Verin foi a que lidera Juan Manuel Jiménez Morán, que acadou o apoio do 100% dos votos emitidos polos compromisarios participantes na elección.
Tras coñecerse o escrutinio, o presidente local electo agradeceu expresamente o unánime apoio recibido á súa candidatura, e sinalou que "hoxe é un día de falar do pasado, presente e do futuro. De futuro porque hoxe sairá un novo comité que agardo siga traballando de modo incansable como se fixo ata o de agora, escoitando, transmitindo ideas, plasmándoas no papel pero, sobre todo, facéndoas realidade. Dende 1993 creamos un proxecto viable e tanxible no que englobamos todas as inquedanzas dos nosos vecinos e veciñas. Pero sobre todo un proxecto que nos permitiu obter un número representativo de concelleiros, senón tamén lograr a Alcaldía. Unhas victorias electorais que se repetiron desde a primeira vez que nos presentamos, obtendo a confianza maioritaria dos veciños de Verín. E isto conseguimolo acercándonos a xente, escoitando as súas queixas e revindicacions, os seus problemas, e o que é máis importante, intentando siempre solucionalos".
O novo PXOM, a ampliación do Polígono Industrial de Pazos e a Eurocidade -"fomos pioneiros creando a mais pequena eurocidade de Europa, que hoxe xa copiaron ben cerca (Tui e Valença) e ben lonxe, porque de Francia ou ata Brasil teñen vido a estudar o noso modelo. Unha eurocidade na que en 2007 ninguén creía e que con moito risco, levamos no noso programa electoral; e ahí está, con mais de 8 millóns conseguidos a data de hoxe"- foron só algúns dos logros que lembrou Juan Manuel Jiménez Morán, "porque non só as actuacións sociais, culturais, deportivas e económicas realizadas nos últimos anos nos avalan, senón tamén as que se están a desenvolver como a Ecovía termal e da agua Verin-Chaves-Vidago que une os dous países, a concretización dos últimos puntos para compartir a sanidade tal e como se abordou na última reunión celebrada este pasado mércores, ou a existencia dun transporte que una o barrio sur e norte da Eurocidade. Pero sobre todo un dos proxectos estrela no que se están a dar os últimos pasos como é a construción e posta en funcionamento do Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga Transfronteirizo. Unha acción destinada ao desenvolvemento da formación de calidade, investigación e promoción como destino de saúde e benestar de Galicia-Norte de Portugal".
Tralo discurso do presidente local, tomou a palabra Manuel Baltar, quen aplaudiu o intenso traballo levado a cabo no PP de Verín e lembrou que o de hoxe foi o congreso local número 63 levado a cabo polos populares ourensáns, coas conseguintes renovacións doutras tantas xuntas locais. No tocante aos proxectos sinalados polo presidente local, Manuel Baltar recalcou que supoñen un exemplo fidedigno "da aposta pola colaboración entre administracións para facer realidade as ideas e as demandas que nos reclaman os veciños".
O encargado de clausurar o Congreso Local do PP de Verín foi Feijóo, quen afirmou que "non debemos conformarnos cos problemas doutros partidos, nós temos que esixirnos máis". Recalcando que, a diferenza do que poden agardar doutros partidos, ao PP esíxenlle que arranxe as contas, que loite contra o paro, que asegure os servizos públicos e que recupere a ilusión dos que a perderon, porque saben que se hai un partido que pode facelo é o dos populares. Segundo engadiu, para Galicia e para España é positivo que estea gobernando o PP, e cre que todos aqueles que votaron por o PP saberán ver que foi positivo telo feito.

No hay comentarios: