viernes, noviembre 07, 2014

NOVE MESES DESPOIS CANDIDATO POR VIVEIRO

Fai nove meses, Antonio Bouza, era elixido presidente do PP de Viveiro e onte foi proclamado candidato á alcaldía do municipio.
Antonio Bouza é o segundo candidato que dá a coñecer o PP na provincia de Lugo. Foi presentado nunha rolda de prensa ofrecida por José Manuel Barreiro, acompañado de José Manuel Balseiro.
Barreiro presentou a Antonio Bouza como “á persoa axeitada e capaz de volver a facer de Viveiro un referente en toda a provincia e Galicia”. O popular manifestou que cando Viveiro estaba gobernado por un Goberno do PP medraba e era un referente a nivel provincial e autonómico; situación, dixo, que nada ten que ver coa actual, posto que nestes anos e co actual Goberno, a cidade do Landro, deixou de ser un referente e é coñecida por facer mal as cousas.
O recén elixido candidato, afirmou que “pretendemos configurar un equipo renovado e unido, partindo da base que temos, cuxo obxectivo é conseguir a alcaldía”. “O actual Goberno fixo que Viveiro deixase de ser un referente en A Mariña”- lamentou o popular, quen mostrou a súa disposición de traballar, traballar e traballar, dende a unión e o esforzo colectivo. Viveiro é mellor dende o PP; facemos falta todos”, manifestou.

No hay comentarios: