miércoles, noviembre 26, 2014

JOSE PINTO PRESIDE O PP DE VILAMARTIN

Onte celebrouse o Congreso Local do PP de Vilamartín de Valdeorras. A única candidatura presentada foi a liderada por José Pinto Álvarez, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso de elección.
O presidente local electo, despois de agradecer a confianza depositada na súa candidatura, recalcou que "o equipo de conformamos a nova Xunta Local temos un obxectivo claro: reforzar o PP de Vilamartín de Valdeorras, aunar e arroupar á xente que queira formar parte do noso proxecto se guir traballando a prol do Partido Popular, contando coa xente como máxima prioridade".
Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o Congreso Local de Vilamartín de Valdeorras, facendo especial fincapé na importancia das xuntas locais para o PPOU, "o motor da forza política que máis se parece e na que máis confían os veciños e veciñas desta provincia". Asemade, lembrou que no Concello de Vilamartín de Valdeorras, gobernado polo PP, "os veciños e veciñas confían ano tras ano na nosa xestión". Animou Manuel Baltar á nova executiva local a que "sigan traballando, falando cos veciños e, sobre todo, escoitando todo o que lles preocupa e lles afecta, porque o noso cometido principal é poñer solución aos seus problemas con honestidade, sinceridade e capacidade infatigable de traballo".

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿Pero...xa están de Congreso aldeán outra vez?