miércoles, noviembre 26, 2014

EXPULSION E ACCIONS XUDICIAIS CONTRA EMILIO PASCUAL

O Comité Executivo do PP de Ourense, acordou por unanimidade e de xeito contundente propoñer ao Comité de Dereitos e Garantías do PPdeG a expulsión do partido de Emilio Pascual Vázquez, ex xerente provincial, por infracción moi grave tipificada no artigo 13 1.d. do capítulo terceiro de réxime disciplinario dos Estatutos do Partido Popular: "Por manifesta deslealdade ao Partido, aos seus órganos de Goberno e representación, entendida ésta como toda acción ou omisión voluntaria encamiñada a perxudicar o interese xeral do Partido".
Coa mesma unanimidade e contundencia, o Comité Executivo Provincial acordou facultar ao presidente provincial, Manuel Baltar, para o exercicio das accións xudiciais que correspondan, civís e penais, en defensa dos intereses do PP de Ourense.

No hay comentarios: