miércoles, noviembre 19, 2014

CONSTITUIDO O DISTRITO DO PPOU DE MARIÑAMANSA

O Centro Cívico de A Cuña en Ourense acolleu onte a presentación da nova organización do Distrito de Mariñamansa, despois de que o PPOU reorganizase os antigos cinco distritos nos que dividía á cidade en nove.
As reunións de cada distrito se celebran regularmente na sede do PP de Ourense. Nembargantes, no caso de onte, a presentación da nova estructura do distrito tivo lugar no Centro Cívico de A Cuña. "un xeito de acercar o partido aos nosos veciños, para coñecer in situ as demandas e suxerencias que nos plantexan os nosos afiliados e militantes", recalcou o presidente do distrito, Jorge Pumar, quen durante a súa intervención explicou o Plan de Acción deseñado para esta zona da cidade para o bienio 2014-2016.
O secretario xeral do PPOU e presidente da Xunta Local do PPOU, Rosendo Fernández, fixo un repaso na súa intervención á actualidade municipal, e recalcou que "estar en contacto permanente cos veciños e veciñas é básico e unha clave fundamental para acadar éxito electoral".
Pola súa banda, Manuel Baltar, sinalou que "o PPOU está en constante movemento, con 61 congresos locais celebrados e 72 que o estarán a finais de ano, así como sete presentacións comarcais de candidatos, coñecéndose xa 75 cabezas de lista para as vindeiras Eleccións Municipais". Matizou Baltar Blanco que "sen o apoio dos nosos afiliados, militantes e simpatizantes é imposible alcanzar o noso obxectivo, que non é outro que acadar a maioría absoluta no máximo número de concellos da provincia de Ourense".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Primero a estos presidentes de distrito quién demonios los votó,¡¡¡¡aaaahhhh¡¡¡ que son digitales. Segundo, de renovación , nada. Cambiemos todo para que no cambie nada. Los militantes mudos y sin hablar. Luego nos quejamos de Podemos.

Anónimo dijo...

Más paripé baltarista