viernes, octubre 03, 2014

@SE_PPOU, UNTETE!

Onte deu comezo a campaña "@Se_PPOU, Únete!", unha campaña de afiliación a través das redes sociais que ten como obxectivos marcados, aparte de atraer a máis afiliados cara as siglas do PP, reforzar unha maior presencia do PP de Ourense en internet e servir de apoio, difusión e defensa das accións levadas a cabo polos populares ourensáns, tanto no ámbito orgánico de partido como a nivel institucional naqueles organismos gobernados polo PP.
Esta campaña será levada a cabo coa coordinación do vicesecretario xeral do PPOU, Jorge Pumar, co apoio da Secretaría de Innovación Tecnolóxica e do Gabinete de Prensa do PP de Ourense. O equipo que porá en marcha esta campaña mantivo unha reunión hoxe na sede do Partido Popular de Ourense para poñer en común a metodoloxía de traballo que se exercerá a partires de agora.
"@Se_PPOU, Únete!" contará con sendas contas oficiais en twitter e facebook, cumprindo así cun dos obxectivos que o presidente provincial, Manuel Baltar, se marcara no Congreso Provincial de marzo de 2013.
Jorge Pumar sinala que "O PP de Ourense dalle moita importancia á política 3.0, as potencialidades das ferramentas dixitais e ás relacións a través das redes sociais. Detrás de cada tuit, retuit o de cada "me gusta" en facebook hai unha persoa. E o PPOU sempre está ao carón das persoas, como partido que máis se parece aos ourensáns".

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Qué pandilla!

Anónimo dijo...

Esta página es del PP ¿ó para qué los adversarios y resentidos del PP, apoyándose en el anonimato,destilen su "opinión"?

Anónimo dijo...

Continúo preguntando si esta página del PP ¿es para los adversarios y resentidos del PP?