martes, octubre 14, 2014

RUEDA DUDA DA COHERENCIA INTERNA DE ANOVA

Alfonso Rueda dubida da coherencia interna de Anova e preguntouse que pode ofrecer nesta situación dentro da coalición que forma con Esquerda Unida, Alternativa Galega de Esquerda (AGE).
Rueda respondeu deste xeito tras ser preguntado nun acto na Coruña pola situación en Anova tras a asemblea celebrada por esta formación o fin de semana. "Igual que pedimos respecto para os procesos internos do noso partido, tamén o temos que ofrecer para os demais. Transcendeu que hai unha división evidente, pregúntome que pode ofrecer un partido que forma parte dunha coalición se non está unido", dixo.
Na súa opinión, "cando un non é capaz de ter coherencia interna, é difícil que poida ofrecela cara á xente que lle pide o voto", algo que lle parece que sucede na actualidade con Anova. "É unha sensación que transcendeu esta fin de semana que se une á que transmiten durante o último ano. Supoño que estarán a facer o posible para arranxalo, aínda que non dá a sensación de que o consigan, senón todo o contrario".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Por no hablar de nuestra coherencia...