jueves, octubre 09, 2014

PRESENTADAS CUARENTA PROPOSTAS DE RESOLUCION


O Grupo Popular rexistrou 40 propostas de resolución nas que se incide, principalmente, na necesidade dun impulso democrático tanto no ámbito do Goberno galego, como do Parlamento e das formacións políticas; a consolidación da senda da recuperación económica; o apoio aos sectores produtivos galegos: a mellora dos servizos que se prestan desde a Administración a todos os galegos, sobre todo a aqueles que máis están a sufrir a crise económica; a atención ás políticas sociais e a mellora do Estado de Benestar; e o control das contas públicas. “Hoxe é día de diálogo e de intentar negociar entre os grupos parlamentarios”, sinalou a viceportavoz, Marta Rodríguez Arias, quen reiterou que “a nosa predisposición é a mellor, pero o acordo non depende só do grupo maioritario, senón tamén da vontade dos grupos da oposición”.

No hay comentarios: