lunes, octubre 27, 2014

PRESENTACION DOS CANDIDATOS DO PP NA ZONA DE TRIVES

O PP de Ourense presentou os seus candidatos do ás Eleccións Municipais correspondentes á Xunta Local de zona da Pobra de Trives. A benvida correu a cargo de Rosendo Fernández, quen lembrou que é a cuarta presentación de candidatos (durante este mes xa foron presentados os cabezas de lista das comarcas do Carballiño, O Ribeiro e A Limia). Tamén interveu o membro do Comité Executivo do PPdeG, Jesús Vázquez Abad. Pechou o acto Manuel Baltar, quen lembrou que "a 210 días das Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015, somos a única forza política que ten actividade constante e con equipos perfectamente preparados para asumir as riendas dos 92 municipios da provincia."
Neste acto de presentación tamén se fixo unha sentida lembranza a Isauro Pérez González, portavoz do grupo municipal e presidente local do PP en Trives, falecido o pasado 1 de setembro. Os candidatos presentados son os seguintes:
-O Bolo: Manuel Corzo Macías
-Castro Caldelas: Manuel Lage Blanco
-Chandrexa de Queixa: Francisco Rodríguez Rodríguez .
-Larouco: Joaquín Bautista Prieto Rodríguez
-Manzaneda: Salvador Fernández Cardoso
-Montederramo: Antonio Rodríguez Álvarez
-A Pobra de Trives: Jesús Prieto Pérez
-San Xoán de Río: Gerardo Rodríguez Domínguez
-A Teixeira: Miguel Antonio Cid Álvarez
-Viana do Bolo: Andrés Montesinos Rodríguez
-Vilariño de Conso: Ventura Sierra Vázquez .

No hay comentarios: