lunes, octubre 13, 2014

O REGRESO DUN LEAL E TRABALLADOR ALCALDE

O alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo Alonso, que solicitara a súa suspensión temporal de militancia do PP de Ourense no 2013, volveu a recibir a alta no PPOU da man de Manuel Baltar, que destacou que "no PP de Ourense respectamos e agradecemos a decisión que José Antonio Feijóo Alonso tomara en marzo de 2013, por lealtade e polo ben do partido. José Antonio Feijoo é un político responsable, unha gran persona, identificado coa provincia, membro do seu goberno, e un colaborador leal e traballador".
José Antonio Feijóo Alonso decidira solicitar a baixa temporal de militancia cando comezou un proceso xudicial contra el e do que finalmente saiu absolto con sentencia firme. Aquela decisión respondera, segundo relata o propio Feijóo Alonso "para non danar ao PPOU mentres defendía a miña inocencia". Un "paréntese desagradable", recoñece o alcalde de Baltar, no que incluso pensou en abandoar o exercicio da política. "Pero á vez foi unha etapa moi positiva, na que persoas como Manuel Baltar soubo estar como compañeiro e amigo, e nunca me fallou ante as terribles acusacións das que me tiven que defender. Sempre estivo á altura das circunstancias, que non eran doadas", lembra José Antonio Feijóo, "e se agora decido voltar ao PP é precisamente por Manuel Baltar, pola miña afinidade e lealtade con quen me amosou ser compañeiro, amigo e un excelente presidente provincial".
O alcalde de Baltar tampouco esquece que Feijóo, "tamén me mostrou o seu afecto e o seu apoio nos momentos nos que precisaba alento".
José Antonio Feijóo Alonso explica que a súa decisión de abandoar a política era case un feito, cando diversos veciños de Baltar decidiron realizar unha campaña de recollida de sinaturas (acadaron máis de 200) ensalzando a súa labor como alcalde e pedíndolle que continuase, "aínda que fose como independiente". Este espontáneo xesto de apoio veciñal -"levo moitos anos en política e se algo sei é que nos debemos aos veciños: eles son os que nos poñen e nos quitan. Eles deciden", di- levou a José Antonio Alonso a replantearse a súa decisión de abandoar a política. "Sei que quedan cousas por facer en Baltar e en xeral no rural da provincia. Ao carón de Manuel Baltar sei que podo ser libre para traballar polos meus veciños, e coa súa extraordinaria capacidade para acadar proxectos sei que sempre terei o apoio necesario do meu presidente para loitar polos intereses xerais de Baltar. Me sinto no deber de seguir pelexando polo meu pobo".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Una pena que no hayáis informado también nada acerca de la condena (¿recurrida?) a José Luis Baltar de este verano, que demuestra que José Manuel Baltar está en el puesto gracias a un acto delictivo de su papá. Acto delictivo que nos ha costado alrededor de 700.000 euros.